Nación Reixa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nación Reixa foi un grupo Vasco-galego da década dos 90.
O proxecto xurdiu da colaboración entre os músicos Kaki Arkarazo (M-ak,Negu Gorriak) e Antón Reixa (Os Resentidos). En 1997 incorporuse Mikel Abrego (Bap!!, Negu Gorriak, actualmente en Inoren Ero Ni) á batería. Publicaron dous discos: Alivio Rápido e Safari Mental.
Disolvéronse en 1997, pero a colaboración entre ámbolos músicos continuou na produción e colaboración activa por parte de Kaki no disco Escarnio de Antón.
[editar] Historia
Todo comezou en 1993, cando o músico vasco Kaki Arkarazo produce o disco Ya Están Aquí (Gasa) do grupo galego Os Resentidos, no que militaba Antón Reixa. Kaki e Antón se propóñense gravar algo xuntos. Ese mesmo ano se disolvese Os Resentidos e os dous músicos comezan a intercambiar material (textos e bases programadas) en cintas. Antón marcha a San Sebastián a gravar ao estudio caseiro de Kaki. Así conseguen publicar o seu primeiro disco para a multinacional DRO (Alivio Rápido), que aparece no mercado nunha doble edición en castelán e galego. Kaki encárgase de tocar todolos instrumentos. Antón pon os textos e xuntos traballan nas programacións e samplers. No disco misturan rock, funk e acid jazz.
En 1997 aparece o segundo traballo de Nación Reixa, Safari Mental. A pesar do bon trato que reciben en DRO, deciden cambiar por unha compañía máis pequena para moverse máis cómodos. O disco termínao editando Esan Ozenki-Gora Herriak, discográfica que creóu o grupo Negu Gorriak e da que, polo tanto, era socio Kaki. Coa incorporación de Mikel Abrego á batería, pasan de dúo a trío. O disco publicase exclusivamente en galego. Aparecen un puñado de colaboradores como Drake (baixista de BAP!!, tamén en Inoren Ero Ni), Javi P3Z (DJ, membro de Parafünk ou Instrümental), Izaskun Forzada e Mikel Cazalis ambos no grupo de rock industrial 2 Kate, o segundo membro do grupo de thrash metal Anestesia, de Negu Gorriak e actualmente de Kuraia] e Mikel Azpiroz ao órgano. As sons volven á mistura coa que gravaron o seu anterior álbum, profundizando no funk máis bailable. No disco aparece unha releitura do tema "Denok Gara Malcom X" que compuxeran Reixa e Arkarazo para Borreroak Baditu Milaka Aurpegi de Negu Gorriak. Durante este ano dan máis de vinte concertos por España. Ademais, participan no recopilatorio pola oficialidade do idioma asturiano L'asturianu muévese, gravando o tema "Gripe" (de Safari Mental) nese idioma.
[editar] Membros
- Antón Reixa: voz e samplers.
- Kaki Arkarazo: guitarra, baixo, programacións e samplers.
- Mikel Abrego: batería.
[editar] Discografía
- Alivio Rápido (DRO, 1994)
- Safari Mental (Esan Ozenki-Gora Herriak, 1997)