Noal, Porto do Son
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Vicente de Noal é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Porto do Son. Limita ó norleste ca parroquia de nebra, ó sur ca de Baroña, ó leste co concello barbantino de Boiro; e ó oeste a parroquia está bañada pola ría de Muros e Noia.
Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.577 habitantes (1.297 homes e 1.280 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 2.581 habitantes. Nesta parroquia atópase a capital do concello, homónima a este.
A igrexa parroquial está baixo a adbocación de San Vicente, e é de estilo barroco. A parroquia ten, ademáis, outros dous templos: a capela da Nosa Señora do Loreto, nesta mesma aldea; e a capela da Nosa Señora do Carmen, no núcleo urbán de Porto do Son.
A orografía é chá ó norte do casco urbán da capital do concello, aínda que ó sur e ó leste (ó oeste está o mar), o terreo está básicamente ocupado polo monte, que é sobre todo de piñeiro e eucalipto. Exemplos de montes da parroquia de Noal son A Tarela e Dordo, entre outros.
A costa da parroquia é moi accidentada, cunha gran cantidade praias rochosas, formando fermosas vistas da ría dende litoral acantilado, coma desde arriba da cova de Fonforrón ou a Atalaia, onde se atopa a capela da Nosa Señora do Carmen. Non obstante, hai longas praias de area fina; as máis importantes son Fonforrón, O Cruceiro e Cabeiro.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son | |
---|---|
Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Fins) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña) |