Pärnu
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Condado | Condado de Pärnu | ||||
Alcalde | Mart Viisitamm | ||||
Area | 32.22 km² | ||||
Poboación (as of 2004) - Densidade |
44,568 1,383.2/km² |
||||
Coordenadas | 58°23' N 24°30' E | ||||
Localización de Pärnu |
Pärnu é unha cidade de Estonia, situada na costa suroeste no condado de Pärnu. Ten 32.22 km² e 44.568 habitantes. Fundada en 1251, na actualidade é unha cidade turística que acolle a turistas nacionais e finlandeses.
A maioría da poboación é de etnica estoniana (75%), as principais minorías son a rusa (15%), ucraína (2%), finlandesa (1%) e bielorrusa (1%).
Hai 14 colexios na cidade, deles 2 son en lingua rusa. A cidade conta con 28 médicos de familia e 1 hospital con 410 camas. O concello de Pärnu conta con 33 concelleiros, deles 9 do Partido do Centro Estoniano, 9 do Partido Res Pública, 8 do Partido da Reforma Estonia, 5 da Unión Pro Patria e 2 da Unión Popular de Estonia.