Partido Galeguista (1978)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este artigo trata do Partido Galeguista fundado en 1978. Para outras organizacións políticas co mesmo nome, visita a páxina Partido Galeguista.
O Partido Galeguista foi un partido galego fundado en 1978, reclamándose herdeiro histórico do Partido Galeguista da II República.
[editar] Historia
Tralo fracaso electoral da coalición do Partido Popular Galego e o Partido Galego Social Demócrata, decidiron refundar o Partido Galeguista convocando unha Asemblea Constituínte en novembro de 1978.
Para as eleccións xerais e autonómicas de 1979 integrouse en Unidade Galega e pediu o voto positivo no referendo do Estatuto de 1980. No Congreso de xuño de 1981 o PG virou á dereita, elixiu como presidente a Álvarez Gándara e expulsou ao sector encabezado por Luís Sobrado. Nas eleccións autonómicas de 1981 presentouse en solitario e obtivo 32.623 votos (3'23%), e nas municipais de 1983 só obtivo 10.752 votos.
No Congreso extrarodinario de febreiro de 1984 a maioría dos militantes liderados polo seu secretario xeral, Xosé Henrique Rodríguez Peña decidiron integrarse en Coalición Galega, o que supuxo a saída do histórico Manuel Beiras, que fundou o Partido Galeguista (Nacionalista)