Pau Gasol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pau Gasol Saéz (nado o 6 de xullo de 1980) é un xogador catalán de baloncesto. Naceu en Sant Boi de Llobregat (Barcelona). É xogador dos Memphis Grizzlies, e foi o segundo xogador español en fichar por un equipo da NBA, ademais do primero en ir a un All-Star (Houston 2006).
Naceu no seo dunha familia catalana relacionada coa medicina . Pau Gasol estudou Medicina durante uns meses, pero deixouno porque non o podía compaxinar có baloncesto, ainda que mantén que o seu obxectivo na vida é seguir os pasos da sua nai e convertirse en médico no futuro. O seu irmán menor, Marc Gasol, tamén é baloncestista profesional, e xoga no primeiro equipo do FC Barcelona.
Comezou a xogar ó baloncesto nas categorias escolares do seu colexio, chamado Collegi Llor, de alí fichou polo Cornellà que nesa época facia funcións de canteira do FC Barcelona onde xa lle comezou a resultar mais difícil compaxinar estudos e deporte de élite.
Na temporada 1997-1998, Gasol ingresou no F.C. Barcelona, co que debutou na liga española de baloncesto (liga ACB) en 1999, obtendo ata a sua marcha a Estados Unidos unha media de 11,3 puntos por partido. Co club barcelonés conquistou duas Ligas ACB e unha Copa do Rei, e explotou como xogador profesional.