Pedro Antonio de Alarcón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pedro Antonio de Alarcón |
---|
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Obras no Cervantes Virtual |
Pedro Antonio de Alarcón y Ariza (Guadix 1833 - Madrid 1891), foi un escritor e político español. Naceu no seo dunha familia de orixe fidalga pero de escasos recursos económicos. En 1847 comezou a estudar leis en Granada, pero por mor mala situación económica da familia ten que voltar a Guadix, alí estuda teoloxía e no seminario representou as súas primeiras comedias.
En 1853 deixou Guadix, instalouse en Cádiz e dirixiu El Eco de Occidente, de carácter republicano e revolucionario onde publicou os seus primeiros relatos, despois dunha primeira estadia en Madrid, que resultou un fracaso, instalouse de novo en Granada, alí segue a editar El Eco de Occidente e organizou un grupo literario coñecido como Cuerda granadina. Participou na sublevación de 1854, dirixíndoa en Granada e ocupando o concello, o depósito de armas e a capitanía xeneral, logo fundou La Redención e en setembro marchou a Madrid xunto aos outros membros do grupo granadino, colaborou en El Látigo. Alarcón sofreu unha mudanza ideolóxica cara un catolicismo conservador. Colaborou en xornais como La Ilustración ou El Mundo Pintoresco e participou na campaña africana baixo o mando do xeneral Antonio Ros de Olano (1859-1860).
Membro destacado da Unión Liberal de O'Donnell, foi deputado e senador e en 1875 ingresou na Real Academia Española
[editar] Obra
- Cuentos amatorios.
- De Madrid a Nápoles (1861), viaxes
- Diario de un testigo de la guerra de África (1860)
- Dos ángeles caídos y otros escritos olvidados.
- El amigo de la muerte : cuento fantástico.
- El año en Spitzberg.
- El capitán Veneno : novela.
- El clavo.
- El escándalo (1875), novela
- El hijo pródigo (1875), teatro
- El extranjero.
- El final de Norma : novela.
- El niño de la Bola
- El sombrero de tres picos (1874), relato
- Historietas nacionales.
- Juicios literarios y artísticos.
- La Alpujarra (1873), viaxes
- La Comendadora.
- La mujer alta : cuento de miedo.
- La pródiga
- Lo que se oye desde una silla del Prado.
- Los ojos negros.
- Los seis velos.
- Moros y cristianos.
- Narraciones inverosímiles.
- Obras literarias de Pedro Antonio de Alarcón. Volumen 2
- Obras literarias de Pedro Antonio de Alarcón. Volumen 1
- Obras literarias de Pedro Antonio de Alarcón. Volumen 3
- Poesías serias y humorísticas
- Soy, tengo y quiero.
- Viajes por España.
- Últimos escritos.