Pete Seeger
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Peter Seeger, universalmente coñecido como Pete Seeger, (3 de maio de 1919 -) é un cantante folc norteamericano. Considerado un dos pioneiros da música folc e tamén da música protesta nos anos cincuenta e sesenta, pertenceu os Almanac Singers e máis tarde ó cuarteto The Weavers, que conseguíu facer popular a música folc nos circuítos comerciais,
Estudou xornalismo en Harvard e durante anos buscou nos arquivos e bibliotecas dos Estados Unidos cancións tradicionais, rescatándoas e creando novos temas baseados na música tradicional, ademais de seguir o camiño iniciado por xente como Woody Guthrie. Son cancións súas as xa míticas "Where Have All the Flowers Gone", "If I Had a Hammer" e "Turn, Turn, Turn", que foron gravadas por multitude de artistas, folc ou non. Membro do Partido Comunista dos Estados Unidos de América, compareceu diante o Comité de Actividades Antiamericanas e alí se defendeu acompañado polo seu banxo.
Grabacións: Páxina con unha mostra das grabacións orixinais de Seeger, versionadas por Springsteen no seu último disco: http://www.peteseeger.net/origina%20seeger%20sessions.htm