Planet of the apes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Título | Planet of the apes | ||||
[[Image:{{{imaxe}}}|200px| ]] |
|||||
---|---|---|---|---|---|
Ficha técnica | |||||
Dirección |
|
||||
Axudante de dirección | {{{axudantedirección}}} | ||||
|
|||||
Dirección artística | {{{dirección artística}}} | ||||
Produción | |||||
Diseño de produción | {{{diseño produción}}} | ||||
|
|||||
Guión | Michael Wilson | ||||
|
|||||
Música | Jerry Goldsmith | ||||
|
|||||
Son | {{{son}}} | ||||
|
|||||
Fotografía | {{{fotografía}}} | ||||
|
|||||
Montaxe | {{{montaxe}}} | ||||
Escenografía | {{{escenografía}}} | ||||
|
|||||
Vestiario | {{{vestiario}}} | ||||
|
|||||
Maquillaxe | {{{maquillaxe}}} | ||||
|
|||||
Perruquería | {{{perruquería}}} | ||||
|
|||||
Efectos especiais | {{{efectos}}} | ||||
|
|||||
Reparto | Charlton Heston, Roddy McDowall, Kim Hunter, Maurice Evans, Linda Harrison. | ||||
Datos e cifras | |||||
País(es) | Estados Unidos | ||||
[[{{{país2}}}]] | |||||
[[{{{país3}}}]] | |||||
[[{{{país4}}}]] | |||||
Ano | 1968 | ||||
Xénero | ficción científica | ||||
Duración | 112 min. | ||||
Clasificación | {{{clasificación}}} | ||||
Compañías | |||||
Produtora | {{{produtora}}} | ||||
Distribución | |||||
Orzamento | {{{orzamento}}} | ||||
|
|||||
Ficha en IMDb |
"O planeta dos simios" é unha película baseada na novela La planète des singes de Pierre Boulle. Trátase dunha historia de ciencia-ficción moi orixinal, cun final sorprendente. A maquillaxe dos monos é extraordinaria.
Aviso: Esta sección pode conter detalles da trama.
[editar] Argumento
No cuarto milenio da nosa era unha nave espacial procedente da Terra realiza unha aterraxe forzosa nun planeta descoñecido. Os astronautas, ó mando de Taylor (Charlton Heston) inspeccionan os arredores e descobren que neste planeta os seres intelixentes son uns simios que comparten características físicas cos chimpancés (civís), gorilas (militares) e orangutáns (relixiosos e políticos) da Terra, pero que desenvolveron unha civilización e unha linguaxe (intelixíbel por Taylor). Os humanos deste mundo, en troques, teñen facultades moi pouco desenvolvidas, son incapaces de falar e son tratados coma gando polos simios. Taylor é apreixado, sufrindo unha lesión na gorxa que lle impide falar, e os simios lévano á súa aldea xunto con outros humanos cazados na mesma batida.
Na aldea, os científicos estúdano detidamente. Co tempo, Taylor gaña a confianza de dous mozos chimpancés e finalmente consegue fuxir. Na súa fuxida avanza ó longo da costa, ata que fai un achádego que o deixa impresionado.
[editar] Repercusión
O éxito desta longametraxe levou á produción de varias secuelas e precuelas, unha serie de televisión e outra de banda deseñada nos anos sesenta e setenta.
Forman parte da saga:
- 1970 - Regreso ó planeta dos simios (Beneath the Planet of the Apes).
- 1971 - Fuxida do planeta dos simios (Escape from the Planet of the Apes).
- 1972 - A rebelión dos simios (Conquest of the Planet of the Apes).
- 1973 - A conquista do planeta dos simios (Battle for the Planet of the Apes).
(A pesar do lío con "battle" por "conquista" na quinta película da saga, que corresponde ó "conquest" da cuarta en inglés, esta foi a tradución que no seu momento se fixo dos títulos das películas en castelán)
No 2001, Tim Burton dirixiu unha nova versión cunha desenvolvemento similar, pero cun final algo diferente.
[editar] Candidaturas ós Oscars
A película foi candidata ós premios da Academia de Cinema dos Estados Unidos nas categorías de Mellor Banda Sonora e Mellor Vestiario. Gañou un premio honorífico pola calidade da maquillaxe (no 1969 non existía esta categoría nos premios Oscar. A maquillaxe supuxera o 17% do total dos orzamentos.