Porto do Son, Noal, Porto do Son
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Porto do Son é una vila e a capital do concello homónimo. Atópase na parroquia de San Vicente de Noal. Este centro urbán está arrinconado entre o mar e o monte Dordo.
O trazado urbán de Porto do Son carece por completo de planificación, e máis nos últimos tempos, cando se están construíndo edificios modernos nas antigas rúas. Moitas destas rúas foron repavimentadas recentemente.
Porto do Son ten un pequeno peirao pesqueiro e un espigón, que xuntos fan unha pequena bahía por onde pasa un corto paseo marítimo (actualmente estase construíndo un novo e moito maior). Consta esta bahía de un pantalán para barcos de recreo, aínda que se vai a construír un novo por unha recente remodelación. A cofradía de pescadores e a lonxa están no porto, mentres que a praza de abastos se atopa en primeira liña de costa, pero na metade do que é a vila.
Destaca en tamaño a praza de España, aínda que non é especialmente grande, na que se atopan algúns bares e comercios. Nunha rúa á dereita entrando polo o porto, está o Centro de Interpretación do Castro de Baroña, un edificio (onde se atopaba a antiga casa do concello) que serve de centro de exposición e no que se atopan algúns obxetos antigos, tanto do Castro de Baroña coma doutros lugares do concello. Seguindo esa mesma rúa, sáese a preto da casa do concello, e preto de alí están a Atalaia (onde está a capela da Nosa Señora do Carmen) e a casa da cultura.
Porto do Son conta con varias praias, case todas rocosas: o Brañon e a Sagrada; e unha de area: o Cruceiro, aínda que ten nas aforas da vila a praia de Subiglesias e bastante preto as de Cabeiro e Fonforrón, estas tres últimas de area.
[editar] Historia
Dise popularmente que os primeiros habitantes deste lugar tiñan medo ó mar e por eso comezaron a construír a vila nun lugar chamado O Outeiro, no pé do monte Dordo.
A tradición mariñeira da vila e a calidade e cantidade dos caladeiros fan que no século XIX se asenten na vila (e en todo e concello) diversas familias catalás que industrializan o lugar e traen un relativo progreso a estas terras.
A vila alcanza un gran apoxeo entre o século XIX e XX. O rei chega a conceder título de villa a este lugar. Coñécese entón como Villa y puerto del Son. Existen nesta época moitas empresas que dan proba do apoxeo sonense, como o casino e o cine ou o astilleiro, o cal chega a construír un pequeno barco para viaxes trasatlánticas.