Salto, Vimianzo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Parroquia do municipio de Vimianzo, A Coruña, arciprestado de Soneira e diócese de Santiago de Compostela.
Índice |
[editar] Situación Xeográfica
Está delimitada por Nandes, Tines, Bamiro, Vimianzo e Calo, distando 3,2 Qm. da capital do municipio e sumando 840 habitantes en total. Divídese nos núcleos de Careixo, Castro, Castromil, Reboredo, Señorás, Torelo e Reparada.
[editar] Enclaves naturais
Cabe destaca-lo monte de San Bartolomeu, con 407 m. de altitude e o paso dos ríos Castro e Grande do Porto.
[editar] Historia
Tomando en referencia os restos castreños en Castro e mámoas en Reparada, pódese asegurar que os orixes de esta comunidade, ó igual cas súas veciñas colindantes, remóntanse a antes da chegada dos romanos.
Nembargantes, é despois da chegada do novo imperio cando se comeza unha organización e estructura sólidas, tendo o seu enclave histórico máis importante na igrexa parroquial. Comezando coma unha nave sinxela e co típico arco de medio punto románico, foi evolucionando sen alterar ningún dos seus elementos orixinais. Por exemplo, a bóveda da sacristía e os capiteles das columnas son típicamente renacentistas, así coma as diferentes imaxes de María Magdalena e Cristo mentres que a bóveda da capela maior responde a un estilo gótico. No 1789 foron engadidos dous retablos máis obra de Francisco Agudín, de estilo neoclásico e outros vestixios coma a Virxe do Rosario, de líneas barrocas. O derradeiro cambio produciuse no 1956, sendo definitivamente una igrexa de cruz latina. Sendo a igrexa a clave da cultura desta parroquia, o exe da economía correspóndelle ós Batáns do Mosquetín. Estes muiños sitúanse á esquerda do río Grande e suman en total sete máis tres batáns. Recóllense en dous edificios sobre o río, sendo os muíños destinados á malla da fariña e os batáns para o liño e lá. Durante séculos constituiu unha importante industria e os seus servizos eran demandandos máis aló dos límites naturais de Soneira. Actualmente están sendo rehabilitados pola Deputación da Coruña co obxetivo de reformalos nun museo.
[editar] Ermitas
Ademais da igrexa principal existen numerosas ermitas distribuidas pola parroquia destacando a de San Bartolomeu no cumio deste monte e as de a Virxe Peregrina, Santa Eirena e San Antonio.