Sociedade Nazonalista Pondal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Sociedade Nazonalista Pondal foi unha asociación independentista galega de Bos Aires. En 1927 A Irmandade Nazonalista Galega de Buenos Aires convértese na asociación cultural Sociedade d'Arte Pondal, que axiña adopta o novo nome de Sociedade Nazonalista Pondal.
O seu voceiro, A Fouce, saiu ata xullo de 1936.
A Sociedade Nazonalista Pondal foi a unha das primeiras asociacións importante que avogou pola plena independencia de Galicia, e mesmo tratou de promover un partido independentista en Galicia, sen moito éxito.
En 1938 autodisólvese para favorecer a unidade do galeguismo mentres Galicia permanecese baixo un réxime ditatorial, e a maoioría dos seus membros integráronse no Grupo Galeguista de Bos Aires.
A SNP contou nos seus anos de existencia con arredor de 100 socios.