Tempe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tempe é unha empresa do grupo Inditex, dedicada á produción de calzado, e que non ten rede de tendas propias.
A empresa Tempe foi fundada en 1989 e dedícase ao deseño, fabricación e distribución do calzado para todas as tendas dos formatos comerciais. A primeira colección de calzado chegou ás tendas de Zara con sección de neno en 1990. Ten capacidade en 2007 para producir máis de 25 millóns de pares de zapatos ao ano. Ademais, Tempe presentou a súa primeira colección de complementos en 2006.
A súa sede central está en Elxe (España), un dos principais centros de produción de calzado europeo. Ademais, para subministrar os seus produtos aos distintos mercados creou as plataformas Tempe México (2003), Tempe Brasil (2005) e Tempe Asia (2006). Estas "plataformas" son organizacións autónomas en xestión e recursos que asumen a responsabilidade da produción e o suministro na súa área de influencia.
[editar] Ligazón externa
![]() |
Bershka | Kiddy's Class-Shkuaban | Massimo Dutti | Often | Oysho | Pull and Bear | Stradivarius | Zara | Zara Home | Tempe |