Teodorico IV, Rei franco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Teoderico IV (ou Theuderich, Theoderic, ou Theodoric; en francés, Thierry) foi un monarca merovinxio dos francos desde o 721 ata a súa morte en 737. Foi fillo do rei Dagoberto III.
Durante o seu reinado, o seu reino estivo baixo o control do mordomo de palacio, Carlos Martel.
Despois da súa morte, o trono franco permaneceu vacante durante sete anos, ata que Pipino o Breve dispuxo que Khilderico III, o último rei merovinxio, o había suceder.
[editar] Ver tamén
- Francos (historia principal dos reinos francos).
- Lista dos reis francos .
- Merovinxios.