The X-Files
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
The X-Files foi unha serie estadounidense de ficción científica e misterio, famosa durante os anos 90, creado por Chris Carter.
Foi estrenado no canal Fox o 10 de setembro do 1993 e rematou logo de nove anos no aire, o 19 de maio do 2002. The X-Files foi un dos grandes éxitos da canle, e os seus personaxes e frases ("A verdade está aí afora", etc.) convertíronse en verdadeiros iconos da cultura pop, mentres que simultaneamente explotaba e inspiraba unha grande cantidade de teorías de conspiracións, paranoias sobre o goberno dos Estados Unidos e a crenza da vida extraterrestre.
Na serie, David Duchovny e Gillian Anderson interpretan a dous axentes do FBI, Fox Mulder e Dana Scully, que teñen a tarefa de investigar os "expedentes X". Estos casos, marxinalizados polo FBI, comunmente involucran feitos paranormais. Mulder interpreta o rol do "crente", tendo fe da existencia de extraterrestres e de fenómenos paranormais, namentres Scully é a "escéptica", inicialmente designada polos seus superiores para desprestixiar o traballo de Mulder e encontrarlle unha explicación. Mentres a serie avanza, Mulder e Scully vense rodeados polos mesmos conflitos e desenvolven unha extrana e ambigua amizade.