New Immissions/Updates:
boundless - educate - edutalab - empatico - es-ebooks - es16 - fr16 - fsfiles - hesperian - solidaria - wikipediaforschools
- wikipediaforschoolses - wikipediaforschoolsfr - wikipediaforschoolspt - worldmap -

See also: Liber Liber - Libro Parlato - Liber Musica  - Manuzio -  Liber Liber ISO Files - Alphabetical Order - Multivolume ZIP Complete Archive - PDF Files - OGG Music Files -

PROJECT GUTENBERG HTML: Volume I - Volume II - Volume III - Volume IV - Volume V - Volume VI - Volume VII - Volume VIII - Volume IX

Ascolta ""Volevo solo fare un audiolibro"" su Spreaker.
CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Tréveris - Wikipedia

Tréveris

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Tréveris (en alemán, Trier), é unha cidade de Renania-Palatinado, Alemaña, situada ás beiras do río Mosela. A apenas 15 kms da fronteira con Luxemburgo

Cidade natal de Karl Marx(5 de maio de 1818), cuxa residencia familiar é hoxe un museo, e Santo Ambrosio (340), Trier tamén se orgulla da súa rica herdanza arquitetónica xa que é considerada a cidade máis antiga de Alemaña, e é con certeza a sede episcopal máis antiga de todo o territorio alemán. En 1986 foi declarada cidade patrimonio da humanidade pola UNESCO. Está localizada no estado da Renania-Palatinado.

En Galiza é coñecida por ser a cidade onde foi executado Prisciliano e polo chamado "Coloquio de Tréveris": "Tradición, actualidade e futuro do galego" que tivo lugar nesta cidade entre os días 13 e 15 de novembro de 1980 en que o galego (como lingua independente do portugués) deuse a coñecer na comunidade de lingüistas especializados en linguas romances. Este coloquio vai tendo novas edicións cada certo tempo entre a Universidade de Trier e a compostelá. Esta Universidade de Tréveris, foi fundada no 1483, pechada no 1796 e reaberta no 1970.

A cidade tamén está irmandada co concello d'A Pobra de Trives


Índice

[editar] Historia

Segundo unha lenda foi Trebata (ou Trebeta), fillo de Ninus, rei dos asirios o fundador da cidade perto de 1300 anos antes da fundación de Roma pero segundo os datos máis recoñecidos desde o punto de vista historiográfico sería fundada no ano 16 aC por Augusto co nome de Augusta Treverorum.

Chegou a ser coñecida como a segunda Roma debido á súa importancia nas fins do Imperio Romano de Occidente. Proba disto é que foi nomeada no 275 capital dos Alemanni e de 293 até 395 residencia do emperador romano de occidente. Baixo o reino de Costantino I (306-324) a cidade foi ampliada e foron costruídas a basílica de Costantino e as termas imperiais. A partir do 318 foi sede da Prefectura Gálica, unha das dúas entes máis importantes do Imperio Romano de Occidente. No 407, como consecuencia das invasións da Galia por parte dos Suevos, Vándalos e Alanos a prefectura da Galia foi trasladada a Arlés.

No ano 386 Prisciliano, o herexiarca galego, foi desterrado e xulgado en Tréveris, e mediante decreto do emperador Magno Clemente Máximo foi condenado a morte por bruxería e herexía e decapitado e guindado da Porta Nigra (segundo conta a tradición), xunto con catro dos seus discípulos. O primeiro axustizado por herexía do cristianismo.


Desde os séculos XII ou XIII até a Revolución Francesa, o arcebispo de Tréveris era un dos principais electores do Imperio Xermánico. Durante a Guerra dos Trinta Anos, Tréveris foi conquistada en dúas ocasións, polos españois no ano 1634 e polos franceses no ano 1645. Tropas francesas ocuparon a cidade tamén en 1674, 1688 e, máis prolongadamente, en 1794. No ano 1801 foi conquistada por Franza, convertíndose en capital do departamento francés de Saarland . En 1814 foi apresada por Prusia.

[editar] Demografía

No século V contaba con 70.000 habitantes, a cidade foi destruída por tribos xermánicas. Trier nunca recuperou a antiga importancia: No século XVII tiña apenas 3.600 habitantes, e cen anos despois contaba con 4.000. Na actualidade ten 100.000 habitantes aproximadamente.



[editar] Cidade antiga de importantes monumentos romanos e medievais

[editar] Porta Nigra

O portal da cidade, bautizado por Porta Nigra na Idade Media por causa das pedras escurecidas co tempo, data do século III e desde ela foi guindado o cadáver de Prisciliano para fóra da cidade. É a estrutura de defensa máis antiga de Alemaña aínda impresiona polo seu tamaño. Dous corredores levan a un patio interno, con dúas fileiras de galerías de defensa de grandes xanelas. Hai dúas torres no lateral do portón -unha de catro andares, a oeste e outra sen terminar, con apenas tres andares, a leste. Toda a estrutura é feita de grandes bloques de ferro, sen argamasa.

No século XII, a construción foi transformada na Igrexa de San Simeón (dous andares), función que mantivo até o inicio do século XIX.

[editar] Hauptmarkt

A praza do mercado de Trier, do século X, é sen dúbida unha das máis interesantes da Alemaña. A Marktkreuz (cruz do mercado), da mesma época simboliza o direito de ser sede de feiras conquistado pola cidade. Hoxe xa é unha copia do cruceiro orixinal asentado sobre unha columna romana de granito, con relevo de Año de Deus. No sudeste da praza fica a Petrusbrunnen (fonte de San Pedro), de 1595, con esculturas de San Pedro e das Catro Virtudes.

No sudoeste fica a Steipe erguida no século XV orixinalmente usada polos conselleiros da cidade como casa de hóspedes e sala de baquetes. Ao lado fica a Rotes Haus (casa vermella) en estilo barroco, feita en 1683. A Löwenapotheke, do século XIII, situada nunha construción do século XVII no sudeste da praza, é a farmacia máis antiga da Alemaña.

[editar] Dom St. Peter

A actual catedral incorpora os restos dunha antiga igrexa do século IV. Trátase da máis antiga igrexa da Alemaña, erguida en diferentes etapas -no comezo do século XI, final do século XII, mediados do século XIII e século XIV. Ten a forma de basílica con nave tripla, dous coros, transepto e seis torres. Na parte interna atopamos pezas magníficas, como o túmulo do enviado papal Ivo (1144) e o altar da sepultura do arcebispo Richard von Greifenclau (1531)

[editar] Liebfraukirche

Contigua á catedral fica a Liebfraukirche (Igrexa da Nosa Señora), contruída entre 1235 e 1260. Ao lado da Catedral de Magdeburg é un dos primeiros exemplos da arquitetura gótica alemá. A súa planta foi baseada na cruz grega, e a torre enriba da cúpula acentúa a intersección das naves. O portal oeste é ricamente decorado con ornamentos entallados e símbolos iconográficos.

Na parte interna obsérvanse magníficas reliquias, entre elas os frescos do século XV pintados en doze columnas, que simbolizan os apóstolos.

O local tamén abriga algúns túmulos importantes, como o dun nobre local Karl von Metternich (1636), que se encontra na parte nordeste da capela.

[editar] Aula Palatina

A Aula Palatina de 310, é unha contrución de tixolos con forma alongada e rectangular. Abrigaba o trono do emperador romano. Despois do saqueos sofridos por tribos xermánicas, o edificio ficou case destruído. No século XII, a abside foi transformada en torre para acomodar o arcebispo. No século XVII, a Aula Palatina pasou a ser parte do recentemente construído pazo e a parede leste foi parcialmente demolida. Nos periodos napoleónico e prusiano, o local serviu de aloxamento militar. O rei Frederico Guillerme IV de Prusia ordenou a reconstrución da Aula Palatina que desde 1856 abriga a igrexa protestante de San Salvador. Reerguida após o bombardeo de 1944, o seu tamaño aínda parece extraordinario.

[editar] Kaiserthermen

Perto do Rheinisches Landes-Museum sitúanse as ruínas das terma imperiais. Contruídas no inicio do século IV, durante o reinado de Constantino, elas eran o terceiro maior complexo de termas do mundo romano. As ruínas das paredes e fundacións aínda exibem o deseño orixinal. As paredes do caldaruín (a sala con piscina de auga quente) son as máis preservadas. Depois vén o tepidarium, as termas mornas.

O espazoso frigidarium era usado para os baños fríos e a palaestra, unha área externa para os exercicios, tamén era ampla. Outra parte remanescente é o sistema de aquecimento (hypocaustum), no cal o ar era aquecido por caldeiras e conducido por baixo do piso.

[editar] Amphiteather

Perto das termas imperiais fican as ruínas do anfiteatro romano do século Id.C., escenario de loitas de gladiadores e competicións de animais. Toda a estrutura, constituída dunha "arena" elíptica e unha arquibancada, era cercada por un cómaro alto, dividida en andares por arcadas. No século V, os habitantes de Trier usavam o anfiteatro como refuxio durante os frecuentes ataques das tribos xermánicas.

[editar] Enlaces externos

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu