User talk:Vite
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Benvido(a) Vite á Galipedia: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Se tes dúbidas consulta: Tes a Taberna de Galipedia, onde podes pór as túas dúbidas, suxerencias ou comentarios. Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de discusión, se non, non lle sairá a mensaxe de «Tes mensaxes novas» e é moi posíbel que non se decate da túa resposta. Así mesmo, non esquezas asina-las mensaxes que deixes nas páxinas de discusión (con ~~~~). |
Boa estadía e bo traballo
[editar] Imaxe sen licenza
![]() |
|
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Escudo A Illa de Arousa.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.
Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.
Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.
A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.
Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)