Xabier Barreiro Liz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O escritor Xabier Barreiro Liz naceu en Compostela na década dos 70. Actualmente (xullo de 2005) adícase ó mundo do ensino. Non só podemos falar da súa traxectoria como escritor, senón tamén como artista plástico. Formado académicamente nas Universidades de Santiago de Compostela e Coimbra (Portugal), publicou artigos e narracións breves nas revistas literarias das respectivas universidades.
Ten publicadas tres novelas. As dúas primeiras "A Cova dos Mouros"(2000) e " A Pantasma telefónica" (2001), están tamén ilustradas polo autor e enfocadas a un público infantil. Na primeira fálanos das aventuras fantásticas dun cativo de orixe musulmán que se interna nun mundo incrible cheo de seras marabillosos. Na segunda obra, unha pantasma comeza a empregar as novas tecnoloxías para aterrorizar a un grupo de mozos de secundaria. A terceira novela "O Son Esquecido" (2005) adéntrase na novela para adultos. Táratase dunha interesante reflexión sobre as relacións humanas. A protagonista, Raquel, navega por un mundo interno que a leva a coñecerse a si mesma, empregando a viaxe interior como medio de autoprocura.