Xihad
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xihad (da Lingua árabe: جهاد [gihād]) é un concepto esencial da relixión islámica cuxa tradución literal é exercer esforzo máximo. Pode tamén ser entendida como unha loita mediante a vontade persoal de se buscar e conquistar a fé perfecta. Ao contrario do que moita xente pensa, xihad non significa "Guerra Santa", nome dado polos Europeos ás loitas relixiosas na Idade Media (por exemplo: Cruzadas). Aquel que segue a Xihad é coñecido como Muxahid.
O Corán non describe ningunha das dúas formas de Xihad, que son unha invención de Al-Ghazali (1058-1111): Unha, a "Xihad Maior", é descrita como unha loita do individuo consigo mesmo polo dominio da alma; e a outra: a "Xihad Menor", é descrita como un esforzo que os musulmáns fan para levar a mensaxe do Islam aos que non teñen consciencia da mesma (ou sexa, aqueles que non se submeten a Deus e á paz).
Hai opinións diverxentes respecto das formas de acción que son consideradas Xihad. A Xihad só pode ser travada para defender o Islam. Porén, alguns grupos pensan que isto ten aplicación non só na defensa física dos musulmáns, mais tamén na reclamación de terra que en tempos pertenceu a musulmáns ou a protección do Islam contra aquilo que eles ven como influencias que "corrompen" a vida musulmana. A idea da Xihad como unha guerra violenta é unha idea criada por Occidente. De acordo con as formas comuns do Islam, se unha persoa morre en Xihad, é enviada directamente para o paraíso, sen calquera punición polos seus pecados.
De acordo co sociólogo sirio-alemán especialista no Islam, el mesmo un musulmán sunita, Basan Tibi, o fenómeno do fundamentalismo islámico é unha forma de oportunismo político dalguns grupos, que se aproveitan da noción de Xihad, desvirtuando o Islam para tornalo un factor de acción política en proveito propio.