Xora, Treos, Vimianzo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aldea da parroquia de Treos, Vimianzo, A Coruña, que dista 7,2 km da capital do municipio e polo que pasa o río Xora. Noutrora marquesado, houbo un pazo do que hoxe en día só queda en pé a súa capela. Foi fundado por Martín de Antelo no século XVI e a capela é obra de José Antonio Caamaño e Bermúdez de Lobera. Nela pódese contempla-lo escudo dos sucesivos donos do pazo, nos que se representan unha serea (referente ós Mariño), dous lobos (ós Lobeira) e un pino con diversas lanzas (ós Caamaño).
[editar] Lugares da parroquia de Treos
Lugares da parroquia de Treos no concello de Vimianzo (provincia da Coruña) | |
---|---|
A Areosa | O Arxomil | Carnio | Colúns | Pedra Cuberta | Quintáns | O Refoxo | Sandrexo | Treos | Treviño | Xora |