Xosé Anxo Antelo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xosé Anxo Antelo Paredes é un xogador de básquet, nacido en Noia o 7 de maio de 1987. A súa posición no campo é a de á-pívot, e mide 203 centímetros.
Formado na canteira do C.B. Noia, aos dez anos marchou para as categorías inferiores do Real Madrid, que é o clube propietario do seu contrato. Na campaña 2004-05 xogou cedido no CB Cáceres e na 2005-06 no CAI Zaragoza. Ten comentado que o seu desexo é poder xogar no equipo absoluto do Real Madrid, polo que ten ficha ata 2009.
Antelo Paredes formou parte da primeira selección galega de básquet, que debutou fronte a Xapón, o 28 de xuño de 2006