Xosé Ramón Fernández-Oxea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xosé Ramón Fernández-Oxea (Ben-Cho-Shey). (Ourense 1896 - Madrid 1988). Escritor galego
En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos, foi presidente do Partido Galeguista en Lugo. Mestre de escola, era inspector de ensino ao comezo da Guerra Civil e as novas autoridades suspendérono nas súas funcións. A Real Academia Galega nomeouno membro en 1943.
Humorista e literato, é moi coñecido pola maior recolleita feita nunca sobre o barallete, a fala dos afiadores, e mais polo seu epitafio, localizado no cemiterio de San Francisco, en Ourense: O señor D. Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey). Gran cruz de Montealegre, colector de Barallete, Preboste do Tangaraño. Ten o gusto de lles ofrecer aos seus amigos o seu novo domicilio no cumio do cimiterio de Ourense, onde os agardará ata que o boten de alí os ediles de turno. A súa dona e a súa filla préganlle encomenden a Deus a súa ánima. NOTA.- Quedan suprimidas tódalas homenaxes postmortem porque as cousas ou se fan ao seu tempo ou non se fan.
[editar] Obra
- O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, 1930 (en colaboración con Filgueira Valverde)
- Berzas, 1953 (poemario)
- Andrómenas, 1954 (narrativa)
- A ducia do frade, 1969 (poesía)
- Catón galego, 1969 (escrito na súa maior parte en 1936)
- Santa Marta de Moreiras. Monografía dunha parroquia ourensán (1925-1935), 1969
- Contos do fiadeiro, 1973 (narrrativa)
- Escudos de Lugo, 1979 (ensaio)