Xuño, Porto do Son
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xuño, parroquia do concello de Porto do Son na provincia da Coruña.
Santa Mariña de Xuño é a segunda parroquia do Concello de Porto do Son pola súa extensión, e tamén a terceira polo seu número de habitantes. Administrativamente, pola súa pertenza ao concello de Porto do Son, está encadrada na comarca de Noia, máis pola súa localización, pola historia e polas relacións cos pobos veciños, debería situarse na comarca de Barbanza. Dista nove kilómetros de Ribeira e dez de Porto do Son. Localizamos esta parroquia entre os 5º 20´lonxitude oeste e 42º 38´latitude norte.
Ten unha extensión de 12,5 kms2 e o censo do concello rexistraba 1253 habitantes en setembro de 2003.
A parroquia está atravesada pola estrada comarcal 550. Linda polo norte coa parroquia de Caamaño, polo sur coa de S. Pedro de Muro, polo leste cos montes do concello de Pobra e polo oeste co océano Atlántico.
É un pequeno recuncho pero con moitos lugares para disfrutar; dende as excelentes vistas do monte "Pé do Castelo" alá preto da aldea de Abelendo e tamén da que lle dá nome a esta mole pétrea, onde xurdiron seguramente os primeiros habitantes da parroquia, pasando pola excelente ponte de orixe medieval, construida para salvar o río Sieira no antigo camiño, nas baixas terras da Coviña. Tamén, se pasamos por Xuño non nos esqueceremos de visitar a igrexa parroquial, con superposición de estilos pero baseada fundamentalmente no románico que a viu nacer. Está catalogada nos rexistros arqueolóxicos como construída no século XII.
As Furnas, "a Nova", e "a vella", constitúen unhas caprichosas formas nas rochas do océano que a nai natureza quixo debuxar nesta bonita parroquia. Pero nas Furnas, non debemos dar a espalda ao mar. As ondas do mar de Xuño son propicias para o surf pero a forza das súas augas envolven e baten contra a area a quen se atreve a desafialas.
Aquí viviron personaxes que escribiron, amaron e coidaron estas terras. Recordamos entón ao profesor Carlos García Bayón, paseante incansable, que aínda nado en Caldas, tivo residencia en Xuño, ou mesmo a figura de Ramón Sampedro, que dende o leito na súa aldea de Sieira, converteuse no adalid da loita pola eutanasia, por unha morte digna.
É recordar tamén que Xuño foi concello, que se saiba entre 1812 e 1836. Este ano pasou a formar parte como parroquia do concello de Porto do Son.
O río Sieira, que atravesa a parroquia de leste a oeste, ten case once kms de lonxitude. É o máis longo do concello de Porto do Son. Teñen fama as troitas que o habitan; o percorrido polas súas beiras é unha marabillosa rota de sendeirismo.
As praias que bañan este enclave galego, dende a praia de Agrexús ata a da desembocadura do Sieira en Caamaño, pasando polas propias Furnas, teñen moita estima entre os visitantes.Áo lado da praia da Agrexús, atoparemos tamén a lagoa de Xuño, que forma parte da rede natura 2000 e do complexo dunar de Corrubedo. Nela habitan especies tanto vexetais como animais, únicas nestas paraxes.
Atoparemos moita máis información desta parroquia na páxina web http://www.xuno.es.vg
[editar] Lugares da parroquia de Xuño
Lugares da parroquia de Xuño no concello do Porto do Son (Provincia da Coruña) | |
---|---|
Abelendo | A Agra | A Aradiza | Bistipoi | O Campanario | O Carballal | Carballido | O Carrapatal | O Castelo | As Cernadas | A Coviña | O Cruceiro | O Curro | O Foxo | Guiandón | Laranga | As Laxes | Moucho | Outón | Parada | Pedras Altas | Pocilgas | Pozo Negro | Pozocho | Prado do Monte | Santa Mariña | Sieira | As Trabes | Trasdoanes | Ventoso | O Zapatal |
[editar] Parroquias do concello de Porto do Son
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Porto do Son | |
---|---|
Baroña (San Pedro) | Caamaño (Santa María) | Goiáns (San Sadurniño) | Miñortos (San Martiño) | Nebra (Santa María) | Noal (San Vicente) | Queiruga (Santo Estevo) | Ribasieira (San Fins) | San Pedro de Muro (San Pedro) | Xuño (Santa Mariña) |