Zacatecas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Zacatecas é un estado do centro de México, a superficie é de 73.252 km² e a poboación de 1.351.200 habitantes (2005), a capital é a cidade de Zacatecas e abrangue 58 municipalidades. As principais actividades económicas son a minería, a agricultura e o turismo. O 85% da poboación é meztiza, o 15% branca e só o 0.3% amerindia, a menor porcentaxe de todo México. Son 3949 persoas os falantes dalgunha lingua indíxena, as principais son 563 huichol, 558 Tepehuano de Durango, 340 nahualt e 255 tepehuano. O 95.1% da poboación é católica e o 1.9% protestante.