Árabe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Por árabe pódese entender:
- Natural de Arabia ou membro ou descendente de algunha das súas antigas tribus.
- Persoa que ten como lingua materna o árabe, ó marxe da súa orixe étnica. Os países árabes son aqueles nos que a súa poboación (ou a maior parte da mesma) fala árabe. Os países árabes son producto da expansión do imperio islámico, e polo tanto da súa lingua oficial e litúrxica, dende o seu berce orixinal en Arabia.
- Lingua árabe. Lingua semítica falada en países do norte de África, como Exipto, Libia, Túnicia, Arxelia, Marrocos, Sudán, Sáhara Occidental , Mauritania, Chad e Yibuti. Minoritariamente nas illas Comoras, e algúns sectores de Mali, Níger, Somalia e nas prazas de soberanía española de Ceuta e Melilla, e no sudoeste de Asia: Arabia Saudí, Yemen, Omán, Emiratos Árabes Unidos, Qatar, Kuwait, Iraq, Siria, Líbano, Palestina, Jordania e Bahréin, fálase tamén en algunhas zoas de Israel, Turquía e Irán, algúns sectores da India, Indonesia e as Filipinas. Fálana tamén grupos importantes de emigrantes en Europa, países como España, Francia, Italia, Portugal, Grecia, Alemania e o Reino Unido. O árabe ten unha variedade literaria, chamada en árabe al-luga al-fushà ou "a lingua máis elocuente", que en idiomas occidentais soe nomearse como árabe clásico e que comprende a lingua da literatura anterior ó Islam, a lingua do Corán e a lingua da literatura posterior ó Islam. A variedade lingüística estándar que se usa como lingua oficial no mundo árabe actual é unha modalidade de árabe clásico que en occidente see recibí-lo nome de árabe literal ou literario. Por outro lado, no nivel da lingua falada o árabe ten multitude de dialectos moi diferentes entre sí.
- Alfabeto árabe. Conxunto de signos propio do árabe, que é ou foi utilizado para codificar tamén os idiomas de poboacións musulmanas non árabes como o urdu, o persa, o dari, o pashtún, o kurdo ou o uigur na actualidade, e no pasado tamén o turco e demáis linguas desta familia, o malayo, o tártaro, o wolof e outras linguas africanas e incluso o castelán entre os moriscos.
![]() |
Esta é unha páxina de homónimos. Unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. |