Éxtase
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Por éxtase pode entenderse en xeral un estado de plenitude máxima, normalmente refírese a unha situación de lucidez intensa que dura uns intres para logo voltar á cotidianidade, onde incluso esta é tranformada polo evento previo, sentindo aún algún grao constante de satisfacción. Dalgunha forma se usa para expresar unha experiencia de unidade dos sentidos, na que pensar, sentir, entender, entre outras cousas, están armónicamante integrados.
Con relación máis ou menos directa a este significado pódese empregar esta palabra referida a:
- O orgasmo, tanto de mulleres como de homes, chamado moitas veces éxtase.
- O estado da alma caracterizado por unha unión mística con Deus, trátase dun instante de claridade espiritual ou iluminación mística dunha persoa leva o nome de éxtase, preferentemente é de tipo relixioso pero poden tamén ser de tipo existencial ou filosófico.
- Estado da alma embargada por un sentimento de admiración, alegría,etc, no que o individuo se atopa como fóra de sí e do mundo que o rodea.
Con relación indirecta ao primeiro significado exposto refirese a:
- O MDMA, é unha droga antidepresiva chamada comúmente éxtase.
![]() |
Esta é unha páxina de homónimos. Unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. |