A Braña, Baleira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Miguel da Braña
- As parroquias de Fonteo, Retizós e Cubilledo, xunto cos concellos de Castroverde, Pol e A Fonsagrada encárganse de arroupar esta parroquia, pertencente o arciprestado de Luaces. Ten 83 habitantes agrupados en 3 entidades de poboación cunha densidade media de 14´9 hab/km2 no 2003. Era beneficio eclesiástico que presentaba o Marqués de Alcañices e o Señor de Vilacide. Noutros documentos figura coma presenteiro o Conde de Villanova de Caneda.
- As entidades de poboacion son as seguintes: Abrairas (16), A Braña (21) e Millares (46).
Situación xeográfica da capital parroquial:
Latitude: 43º 05'
Lonxitude: 7º 16'
Superficie: 5,55 Km²
Altitude media: 620 m.
- Monumentos:
Dispón esta parroquia de dous monumentos de resalte, de caracter relixioso. O primeiro e a Capela de Abrairas, situada na aldea do mesmo nome; é unha pequena capela de planta rectangular de construción popular. Os muros son de mampostería e sillería de granito e lousa e a cuberta de lousa a dúas augas. Coñécese baixo a advocación de San Ramón Nonato.
O segundo monumento e a Igrexa parroquial de San Miguel da Braña, sita na aldea da Braña. A igrexa foi edificada no século XVII, con profundas reformas ao longo do tempo. Ten planta rectangular e presbiterio da mesma forma. Nun lateral está acaronada a sancristía, de planta rectangular e con acceso dende o presbiterio e dende fóra por unhas portadas adinteladas. Os muros que a conforman son de mampostería e sillería de granito e lousa, e a cuberta de lousa a dúas e catro augas. O arco triunfal de acceso ao presbiterio é de medio punto con imposta. A portada principal é adintelada e culmina no frontis cunha espadaña sinxela dun so vano. Só conserva un retablo na capela maior, de estilo Barroco.
Lugares da parroquia da Braña no concello de Baleira (Lugo) | |
---|---|
Abrairas | A Braña | Millares |