Abertzaleen Batasuna
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abertzaleen Batasuna (Unión dos Nacionalistas en éuscaro) (A.B.) é un partido político do País Vasco francés.
É o partido nacionalista vasco máis forte en Iparralde recibindo arredor do 10% dos votos neste territorio. O seu obxectivo prioritario é a creación dun departamento do Pays Basque de forma separada ó de Pyrenees Atlantiques. Ideolóxicamente, como outros partidos nacionalistas vascos, ten unha ideoloxía esquerdista.
En 2001, membros de AB que desexaban un vínculo máis forte cos vascos do sur abandoaron o partido e formaron a rama vascofrancesa de Batasuna, un partido diferente pero de similar ideoloxía, activo no País Vasco francés e ilegal pero forte no País Vasco español.
AB non xustifica a violencia de ETA, pedindo unha tregua e posterior negociación. ETA ten criticado[1] a AB por esta falta de apoio de aqueles a quen veían como unha organización afín.
O xornal máis relacionado con AB é Enbata.
[editar] Referencias
- ↑ El Mundo: ETA arremete contra los escindidos de EH , 4 de abril de 2002.