Acorde
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Disposición de varios notas musicais de tal maneira que cada unha delas mantén unha relación física coa nota fundamental en función do seu intervalo.
[editar] Acordes de triada
Os acordes de triada son unha das características da música occidental. Compóñense de tres notas que forman unha superposición de terceiras: a nota fundamental, a terceira nota seguinte, e a terceira nota a partires desta (ou o que é o mesmo, a quinta nota a partires da fundamental). A orde das notas pode invertirse, sen modificar o carácter da triada.
As catro triadas que resultan das posibles combinacións son:
- triada maior = terceira maior + terceira menor
- triada menor = terceira menor + terceira maior
- triada aumentada = terceira maior + terceira maior
- triada disminuida = terceira menor + terceira menor
[editar] Acordes de sétima
Tamén chamados acordes de catro notas ou cuatriadas. Resultan de engadir á quinta dunha triada unha nova terceira.
[editar] Arpexios
Acorde interpretado tocando as notas que o forman en sucesión, no canto de simultáneamente. As formas máis extendidas de executalos son:
- Permitinto que as notas graves soen mentres se executa o resto do acorde, tomando así un certo soporte de baixo: isto é habitual cando o acorde incorpora canto menos dúas oitavas.
- Tocando as notas illadas, de xeito que que soen notas soltas. Isto é habitual cando o acorde interpretado non vai máis alá da oitava da nota fundamental.