Acuatlón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O acuatlón é unha especialidade deportiva relacionada co triatlón e que consiste na agrupación dunha carreira a pé, unha proba de natación, e de novo unha carreira a pé. Non é unha especialidade olímpica.
A diferenza do triatlón, o acuatlón ofrece algunhas vantaxes de tipo loxístico, porque reduce o espazo destinado á competición e mais a duración da mesma. Porén, ao igual ca no triatlón, as probas despútanse ininterrompidamente e cunhas transicións cronometradas que habitualmente son clave na resolución da proba.
O acuatlón está adscrito en Galiza á federación deportiva de triatlón e pentatlón moderno. O campionato do mundo da especialidade despútase normalmente unha semana antes de que teña lugar o de triatlón.