Adolf Anderssen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Karl Ernst Adolf Anderssen (Breslau 1818 - 1879) famoso mestre de xadrez alemán.
Anderssen naceu en Breslau Alemaña, hoxe en Polonia e viviu na súa cidade natal a maior parte da súa vida. Graduouse no instituto público de Breslau para posteriormente asistir á Universidade, onde estudou matemáticas e filosofía. Despois de se licenciar traballou como profesor de matemáticas. A relación de Anderssen co xadrez comeza aos nove anos cando o seu pai lle aprendeu a xogar; pero non foi un neno prodixio, a primeira vez que saíu á luz pública foi cando publicou algúns problemas de xadrez (1842), e sobre todo coas súas colaboracións na revista Schachzeitung (despois chamada Deutsche Schachzeitung).
Índice |
[editar] Londres 1851
En 1848 xogou unha partida co xogador profesional Daniel Harrwitz; por mor disto foi convidado para ser o abandeirado do equipo de xadrez de Alemaña no primeiro trofeo mundial de xadrez que se ía celebrar en Londres, No torneo venceu a Lionel Kieseritzky, József Szén, Staunton e Marmaduke Wyvill, gañando o torneo.
Andersson gañou fama por dúas das súas partidas, nas que venceu pola combinación de notables sacrificios de pezas. Na primeira, xogada contra Lionel Kieseritzky e chamada Xogo inmortal, sacrificou un alfil, dúas torres e finalmente a raíña. Na segunda partida (Berlín, 1852) contra Jean Drusfesne, o sacrificio de pezas foi máis modesto, e denomínouse Xogo Sempreverde.
Nos anos seguintes, moitos considerárono o xogador máis importante do mundo. En 1858 derrotouno o norteamericano Paul Morphy en París.
[editar] Londres 1862
En 1862 regresou e gañou o primeira liga todos contra todos en Londres, gañou doce partidas e só perdeu fronte a John Owen.
En 1866 xogou e perdeu con Wilhelm Steinitz. A partida introduciu algunhas ideas novas na estratexia do xadrez.
[editar] Baden-Baden 1870
Case ao final da súa vida chegoulle o logro máis importante, ao vencer, en Baden-Baden en 1870, o torneo máis intenso xogado na época. El rematou de primeiro, diante de Steinitz, Neumann e Blacburne.
En Leipzig 1877 quedou en segundo lugar, foi a súa última grande vitoria.
[editar] Enlaces externos
- World Chess Championship 1851 London Tournament (1° Adolf Anderssen)
- World Chess Championship 1858 Paul Morphy - Adolf Anderssen
- World Chess Championship 1861 Adolf Anderssen - Ignatz Kolisch
- World Chess Championship 1862 London Tournament (1° Adolf Anderssen)
- World Chess Championship 1862 Adolf Anderssen - Louis Paulsen
- World Chess Championship 1866 Adolf Anderssen - Wilhelm Steinitz