Adrián de Nicomedia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santo Adrián ou Adrián de Nicomedia, garda pretoriano do emperador Galerio Maximiano, convertido ao cristianismo foi martirizado en Nicomedia o 4 de marzo de 303. Mentres presidía a tortura dun grupo de cristiáns preguntoulles que agardaban recibir do seu deus, eles replicaron: o que o ollo non viu, o que o oído non sentiu, e o que non pasou pola mente do home:iso prepara Deus para os que o aman (Corintios I 2:9). Impresionado pola forza na que se mantiñan na fe diante os tormentos, converteuse e fíxose bautizar, os seus compañeiros prendérono e levárono á cadea, onde foi torturado; a súa muller, Natalia de Nicomedia, que xa era cristiá sen el o saber, disfrazouse de home para se introducir na prisión e poder soster nos seus brazos ao seu home, antes de morrer decapitado.
[editar] Festa
Calendario romano:8 de setembro
Calendario grego:26 de agosto
[editar] Patrón
Soldados.
[editar] Parroquias galegas
Titular de 17 parroquias galegas.