Adufe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O adufe é unha variedade de pandeiro, cuadrangular, introducido polos árabes na Península Ibérica e que na actualidade quedou reducido a unha pequena zona de Portugal, fundamentalmente no Alentejo e no distrito de Castelo Branco e que é executado exclusivamente polas mulleres para acompañar o canto con ocasión de romarías e festas populares.
O adufe consiste en dúas membranas, os lados miden 45 cm aproximadamente. A madeira cúbrese polos dous lados con peles de cabra ou carneiro