Afion - Afyon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Afion, capital da provincia de Afion, Turquía. Situada nas beiras dor río Akar a 1.034 m. 128.516 habitantes (2004). Localizada nunha encrucillada entre Esmirna, Konya, Ankara e Estambul, centro tradicional da maior rexión produtora de opio de Turquía.
Xa o rei hitita Mursil II construíu unha fortaleza na cidade.
Coñecida como Acroënus ata o reinado do emperador bizantino León III, o que despois da súa vitoria sobre os árabes en 740 cambioulle o nome a Nicopole (Cidade da Vitoria).
Os turcos Seljuk trocáronlle o nome para Kara Hissar (Castelo negro) por un antiga fortaleza situada sobre a rocha volcánica situada 200 metros enriba da cidade.
Conquistada polo Sultán Beyazid I en 1392, perdeuna despois da invasión de Timur Lenk en 1402, en 1428 volveu de novo a poder dos turcos.
Capturada polos gregos en 1920, serviu en agosto de 1922 como cuartel xeral de Mustafa Kemal, despois de 1923 forma parte da República de Turquía.