Afonso XII
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Historia de España |
---|
Restauración borbónica en España |
• Reinado de Alfonso XII |
• Reinado de Alfonso XIII |
• Guerra Hispano-Americana |
• Rexeneracionismo |
• Ditadura de Primo de Rivera |
Afonso XII, O Pacificador (Madrid, 28 de novembro de 1857 - †El Pardo, 25 de novembro de 1885) Rei de España entre 1875 e 1885.
Afonso XII fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apunta a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenetes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.
Índice |
[editar] Vida
Sendo aínda un neno os seus pais foron destronados pola Revolución Gloriosa e foron obligados a exiliarse, polo que se educa en diversas cidades europeas como París, Viena, etc. A súa nai renunciou ao seu cargo como raíña en favor do seu fillo, nun documento que firmou en París en 1870. Nestos anos sucedéronse varios gobernos provisionais (1868 - 70), o reinado de Amadeo I de Saboia e a Primeira República española (1873 - 1874). Ésta foi liquidada polo xeneral Pavía, e grazas a esto, abríuse un período de gobernos provisionais. Durante esta etapa histórica (sexenio Revolucionario).
O 1 de decembro, Afonso fixo público un manifesto (Manifesto de Sandhurst), presentándose aos españois como príncipe católico, español, constitucional e desexoso de servilos. O 29 de decembro de 1874 prodúcese a restauración da monarquía en España. Naquel momento, o xefe do estado era o xeneral Serrano, imposto a raíz do golpe de estado do xeneral Pavía que supuxera a caída da Primeira República. O xefe de goberno provisional era o xeneral Sagasta.
En xaneiro de 1875 chegou a España e foi proclamado rei perante as Cortes Españolas. O seu reinado consistiu en restaura a monarquía e o país arranxando as disputas internas, gañándose así o seu alcume de "Pacificador".
Tamén en 1876 aprobouse a nova Constitución. Durante ese ano rematou a Guerra Carlista.
Afonso XII realizou en 1883, unha visita oficial a Bélxica, Austria, Alemaña e Francia. Alemaña tratou de ocupar as illas Carolinas, naquel momento baixo dominio español, provocando un incidente entre os dous países que se saldou a favor de España coa sinatura do acordo hispanoalemán en 1885. Ese mesmo ano atopouse un brote de cólera en Aranxuez.
Pouco despois morreu de tuberculose o día 25 de novembro de 1885 no Palacio del Pardo en Madrid.
[editar] Matrimonio
Casou dúas veces, primeiro coa súa prima, María de las Mercedes de Orleáns , filla dos duques de Montpensier, morresndo esta de tífus uns meses despois de casaren. Despois cásase con Cristina de Habsburgo-Lorena, con ela tivo tres fillos.
[editar] Fillos
- Afonso XIII (1886 - 1941), Rei de España, naceu tras a morte do seu pai.