Afta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha afta é unha pequena úlcera abrancazada superficial que se forma na mucosa bucal que ocasiona molestias e dor. As causas pola que aparece non se coñecen nin o tratamento axeitado aínda que probablemente é unha manifestación común a diversas doenzas pero tamén pode ser debida ao estrés, o esgotamento físico e mental, os cambios hormonais, alerxias, menstruación ou insuficiencia de ferro ou ácido fólico.