Afumadoiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O afumadoiro é un aparello que utilizan os apicultores para afumar o interior da colmea e evitar a picadura das abellas cando as manipulan, consiste nun fol no cal se insire aire no interior dunha cámara de combustión na que se queima algunha substancia inocua como poden ser follas secas ou palla tamén seca.