Aikido
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aikido (合気道 Aikidō) é un gendai budo, (arte marcial moderna xaponesa). Os practicantes de aikido coñécense como aikidoka.
o aikido desenvolveuno Morihei Ueshiba (coñecido entre os aikidoka como o-sensei (翁先生)) entre 1930s e os 1960s. Tecnicamente gran parte do aikido deriva do Daitō-ryū Aiki-jūjutsu, unha forma de jujutsu con moitas técnicas conxuntas, e do kenjutsu.
O aikido é unha arte orientada á defensa, cunha fonda base filosófica, no que o defensor redirixe o movemento e a enerxía do ataque ao seu opoñente. É unha arte marcial difícil e require anos de práctica conseguir defenderse a partir das súas técnicas que se basean en movemento fluídos e circulares. Os aikidoka afirman que o aikido é unha vía que ensina a establecer a harmonía cun mesmo e cos máis, o aikido carece de competicións.