Albertville
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Albertville é unha comuna francesa, situada a carón do río Arly no departamento de Savoia e na rexión Ródano-Alpes.
Albertville fundouna en 1836 o rei Carlos Alberto ao xuntar as vilas de Conflans e de l'Hôpital. Actualmente ten 20.000 habitantes.
A vila, máis industrial cá turística, organizou os Xogos Olímpicos de inverno de 1992.