Alcorcón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alcorcón é unha cidade da área metropolitana de Madrid (España), situada a uns 13 quilómetros de Madrid en dirección sueste. A súa poboación actual é de 156.592 habitantes (segundo o censo oficial a 1 de xaneiro de 2004), en continuo crecemento. Fórmana sobre todo emigrantes doutras rexións de España. A vila está vendo un grande desenvolvemento urbán na iniciativa chamada Esanche Sur de Alcorcón. Obtivo o título de "Grande Cidade da Comunidade de Madrid", título concedido ás poboacións de máis de 150.000 habitantes, malia a opinión de moitos dos seus cidadáns que pensan que é unha simple cidade dormitorio máis do sur de Madrid.