Alfabeto portugués
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O alfabeto portugués está formado polas seguintes letras:
a b c d e f g h i j l m n o p q r s t u v x z
Ademáis podemos considerar tamém as seguintes, de orixe europea:
k w y
- Consoantes
- b - como o galego;
- c - como "k" e "q" excepto antes de "e" e "i" (caso no que se lé como o "s" castelán);
- d - como o galego;
- f - como o galego;
- g - como o galego, pero antes de "e" ou "i" lése como o "g" ou "j" francés;
- h - non se le, excepto se ven despois do "n" ou do "l" - neses casos lése como "ñ" (nh) e "ll" (lh);
- j - sempre como o "j" francés (son parecido entre o "x" e o "z")
- l - como o galego;
- m - como o galego, pero en algúns casos con vogais pode ser máis nasal;
- n - como o galego, pero en algúns casos con vogais pode ser máis nasal (com "h" lése 'ñ' - nh);
- p - como o galego;
- q - sempre seguido de "u" - en "qua" e "quo" lése como "kw", en "que" e "qui" lése como "k";
- r - no comezo da palabra ou no caso de dobre "r" (rr) - semellante ó "j" castelán, no medio da palabra só (non duplo) - como o "r" castelán pero menos forte;
- s - no comezo da palabra ou como dobre "s" (ss) lése como o "s" castelá, no medio da palabra só lése como o "z" francés (non o castelán! Ese son non existe no portugués), antes de consoante ou no fin da palabra como o "x" galego;
- t - como o galego;
- v - como o "v" francés etc. - no entanto no norte de Portugal algúns o dicen como "b", pero eso tende a desaparecer;
- x - varía moito - pode ser como "ch" (="x" galego; ex: xisto, xilofone, vexame, enxame), como o "z" portugués (ex: exemplo, exercício, exacto, exame), ou como "ks" (ex: fixar, prolixo)
- z - como o "z" francés (os dentes están cerrados, sen a lingua entre eles embora en contacto con eles)