Alfredo Suárez Canal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alfredo Suárez Canal (Allariz 1951) é un político galego.
Estudou matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor de ensino secundario. É un dos membros fundadores do BNG e da ING. Foi concelleiro en Allariz e deputado provincial de Ourense. Deputado no Parlamento de Galicia (1993-2005), e membro do Consello Nacional do BNG.
Logo dunha longa carreira política, foi nomeado Conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galiza.
Foi a cara visible do goberno galego na vaga de incendios que asolou en Agosto do 2006 Galicia.