Alhama de Granada
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alhama de Granada é un concello de 433 km² e 6.184 habitantes (2005) situado na aba da Serra Tejeda, no occidente da provincia de Granada.
Na zona existen restos prehistóricos que denotan a antigüidade do asentamento humano na zona, antes da chegada dos romanos o territorio onde se asenta Alhama estaba habitado polos túrdulos e os romanos déronlle o nome de Artigi, da época romana consérvase a ponte e os restos dos baños romanos, os árabes déronlle o nome al-h.amma (الحمّة) e fortificárona, converténdose nunha importante localidade do reino de Granada, o 1 de marzo de 1482 pasou a mans da Coroa de Castela e foi sede dun tribunal da Inquisición. Do 2 de febreiro 1810 ao 17 de agosto de 1812 permaneceu baixo ocupación francesa, o 25 de setembro de 1884 un terremoto destruíu 1.479 casas e causou 480 mortos e 670 feridos.