Antonio López Ferreiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antonio López Ferreiro (Santiago, 1837 - 1910) foi un escritor en lingua galega e historiador. Seguiu a carreira eclesiástica e en 1871 foi nomeado coengo do Cabido compostelán, o que lle permitiu acceder ao arquivo documental da catedral, e aproveitalo para realizar traballos de investigación e cultivar a novela histórica, xénero de enorme vixencia no Romanticismo que ata o momento non fora tratado na literatura galega.
[editar] Obra literaria
Deixou tres novelas históricas:
- A tecedeira de Bonaval (1894) mestura unha historia de amor e os acontecementos sociopolíticos da Galicia do século XVI: o enfrontamento entre a burguesía e a Igrexa compostelás.
- O castelo de Pambre (1895) narra acontecementos históricos da segunda metade do século XVI en terras da Ulloa. Como na anterior novela, alterna unha historia de amor coa exposición do conflito nobiliar entre Gonzalo Ozores de Ulloa e outros nobres partidiarios da casa de Trastámara.
- O niño de pombas (1905), de temática amorosa, esta ambientada na Galicia do século XII.
O propósito historiográfico fai que López Ferreiro inclúa nas tres novelas descricións de monumentos e transcricións de documentos históricos. O autor tiña plena conciencia do seu labor a prol da resurrección e rehabilitación do idioma galego. É asombrosa a súa riqueza de léxico e sintaxe, en ocasións incluíndo arcaísmos recuperados da documentación medieval.
[editar] Obra científica
- Galicia en el último tercio del siglo XV. (1883)
- Historia de la Catedral de Santiago