Aomori - 青森市
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aomori (青森市, en xaponés) é a capital da prefectura de Aomori, Xapón.
Situada no norte da illa de Honshū, en 2005 a cidade tiña unha poboación de 314.768.
[editar] Historia
En 1625 créase o porto que deu orixe a un asentamento permanente nos seus arredores. O ferrocaril chega en 1891, pouco despois, 1898, obtén o título de cidade.