Arhippa Perttunen
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arhippa Perttunen (1769-1841) foi un cantor popular finlandés.
Natural do norte de Carelia, foi un dos maiores bardos de poesía popular finlandesa, coñeceu Elias Lönnrot en 1834, cantoulle máis de 4.000 versos, o que constituía un terzo dos poemas da primeira versión do Kalevala