Aristófanes de Bizancio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aristófanes de Bizancio, en grego Ἀριστοφάνης / Aristofánes (Bizancio v.-257–Alexandría v.-180), gramático e crítico grego.
Nado sobre o -257, parte para Alexandría durante a súa xuventude e convértese en discípulo de Zenódoto e de Calímaco de Cirene. Conságrase aos poemas homéricos, dos que dá a primeira edición verdadeiramente crítica, e ás obras de Hesíodo, Alceo, Píndaro, Sófocles, Eurípides, Aristófanes ou mesmo Menandro, para as que escribe introducións. É tamén autor dun Léxico que contén palabras arcaicas e usuais, sinónimos, dos textos usuais, etc. Á morte de Apolonio de Rodas, en -195, pasa a dirixir a Biblioteca de Alexandría. Atribúeselle o ordenamento dos diacríticos do alfabeto grego
Foi eclipsado polo seu discípulo, Aristarco de Samotracia, pero a Antigüidade vía nel un dos seus mellores gramáticos.