Arnuwandas III
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Arnuwandas III (rei hitita sobre -1210 - -1200), foi fillo de Tudhaliyas IV. Levaba o título de Labarnas, Gran Rei, e Sol meu. Supúñaselle un reinado curto pola falta de restos, pero nos últimos anos apareceron gran número de selos que poderían indicar que reinou máis tempo do antes suposto.
Do seu reinado sábese que Ibiranu de Ugarit sucedeu a Ammistamru II. Probabelmente foi Arnuwandas quen escribiu ao novo rei e lembroulle que era a súa obriga de vasalo presentarse ao rei ou polo menos enviar un embaixador.
Sucedeuno o seu fillo Suppiluliumas II .
Hititas | ||
---|---|---|
Segue a: Tudhaliyas IV |
Arnuwandas III (-1210--1200) |
Precede a: Suppiluliumas II |
- |