Arquitectura medieval
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A arquitectura da Idade Media foi unha arquitectura centrada no elemento relixioso cristián e o principal esforzo construtivo van ser a construción de catedrais. As igrexas toman como referencias as antigas basílicas romanas e predomina nelas a planta de cruz latina; as catedrais e igrexas da Europa Oriental toman como referencia o estilo bizantino e a planta de cruz grega.