Asdrúbal Barca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Asdrúbal Barca, fillo de Amílcar Barca e irmán de Aníbal. Foi levado polo seu pai a Hispania no 237 a.C. e converteuse no xefe do exército cartaxinés en Hispania no 218 a.C. Cando Aníbal invadiu Italia, Asdrúbal permaneceu ó fronte da península Ibérica, combatendo entre os anos 218 a.C. e 208 a.C. contra o exército de Publio Cornelio Escipión. Neste ano marchou a Italia para relevar a Aníbal, pero foi interceptado polo exército romano no Metauro sendo derrotado e morto no 207 a.C.