Astoria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Astoria é a capital do condado de Clatsop, en Oregón, Estados Unidos. Situada na foz do río Columbia, o seu nome débese ao filántropo norteamericano John Jacob Astor. Segundo o censo de 2000 a cidade tiña 9.813 habitantes.
[editar] Lingua
91'8% inglés, 5'6% castelán, 0'5% alemán.
[editar] Historia
Os indios clatsop habitaban o territorio do que hoxe é Astoria, o primeiro contacto cos europeos foi en 1805 coa expedición de Lewis e Clark que construíron un forte ao suroeste da actual Astoria, coñecido como Fort Clatsop.
En 1811 a compañía de peles de Astor, fundou Fort Astoria como principal centro para o comercio de peles da costa noroeste, e importante para a posterior reclamación do territorio polos Estados Unidos, o posto vendérono aos británicos en 1813, pero en 1818 volveu ao control estadounidense. En 1876 Astoria foi legalmente incorporada e a cidade atraeu a numerosos inmigrantes escandinavos.
En 1883 e 1922 o centro da cidade foi destruída polo lume.